Nesta escena hai persoas refuxiadas que necesitan acollida no noso país. Son persoas que viviron situacións como guerras ou discriminación pola súa raza, ideas políticas ou orientación sexual. E que agora necesitan todo o apoio que poidamos darlles para vivir na nosa sociedade: aprender o idioma, atopar vivenda ou traballo, escolarizar os seus fillos…

Agora que están aquí, necesítannos máis cerca.

COMO XOGO?

A medida que respondas as preguntas, desaparecerán da escena aquelas persoas cuxas circunstancias non se correspondan coa túa resposta.

Ao final, poderás coñecer unha persoa refuxiada e descubrir se hai algo que ti poderías facer para mellorar a súa situación.

Para as persoas refuxiadas, a busca de traballo complícase. Dun país a outro, todo pode cambiar moito: desde o tipo de ofertas laborais ata a forma de redactar o currículo ou superar unha entrevista. Ademais non contan cos seus anteriores contactos profesionais.

Durante os primeiros 6 meses nin sequera dispoñerán de permiso de traballo.

Para as persoas refuxiadas atopar casa é outro gran reto. O sistema de acollida proporcionaralles acceso a unha vivenda e, a medida que avancen no seu proceso de integración, deberán atopar unha propia. Con todo, é difícil que poidan cumprir os requisitos esixidos (dispoñer dun contrato, nóminas, avais persoais…).

Ao fuxir do seu país, as persoas refuxiadas vense forzadas a romper vínculos familiares e profesionais, e a gran maioría non conta cunha rede de apoio aquí.

Outras si coñecen a alguén en España, pero todas deixaron moito atrás.

Hai moitas situacións duras polas que unha persoa foxe do seu país: guerras que poñen en perigo a súa integridade física, discriminación pola súa orientación sexual, violencia contra as persoas da súa etnia… Poden necesitar apoio psicolóxico para superar os seus dós. E sobre todo, necesitan a nosa empatía.

Hai moitas situacións duras polas que unha persoa foxe do seu país: guerras que poñen en perigo a súa integridade física, discriminación pola súa orientación sexual, violencia contra as persoas da súa etnia… Poden necesitar apoio psicolóxico para superar os seus dós. E sobre todo, necesitan a nosa empatía.

Está a buscar traballo?

Está a buscar piso?

Conta cunha rede de apoio?

Viuse obrigado/a a fuxir do seu país? Por que motivo?

Veu acompañado/a?

Fala español?

As persoas refuxiadas teñen diferentes circunstancias familiares. Algunhas veñen soas, outras coas súas parellas e outras en familia. Teñen en común a sensación de sentirse máis illadas fóra da casa.

Unha gran parte das persoas refuxiadas non fala o noso idioma. Iso supón un gran reto para a súa integración sociolaboral. Con todo, tamén solicitan protección no noso país un gran número de persoas falantes de español que, aínda que dominan o idioma, atopan outro tipo de barreiras socioculturais.

Armando y Edwin

En Cruz Vermella traballamos con persoas rexeitadas no seu país pola súa orientación sexual. En Centroamérica, parellas como Armando e Edwin vense obrigadas a fuxir da violencia que as “maras” exercen contra eles.

COÑECE AS SÚAS NECESIDADES EN ESPAÑA

QUE PODES FACER POR ELES?

Armando e Edwin poden necesitar axuda ou apoio en ámbitos coma estes:

  • ALOXAMENTO
  • SUPERAR TRAUMAS
  • INTEGRACIÓN NO NOSO CONTORNO
  • ORIENTACIÓN LABORAL

Armando e Edwin poden necesitar axuda ou apoio en ámbitos coma estes:

  • ALOXAMENTO
  • SUPERAR TRAUMAS
  • INTEGRACIÓN NO NOSO CONTORNO
  • ORIENTACIÓN LABORAL

Podes facer máis do que cres polas persoas que piden protección no noso país.

Pasa á acción e, xunto a Cruz Vermella, marcarás a diferenza. Porque agora que están aquí, persoas como Armando e Edwin necesítante máis cerca.

Por exemplo, poderías:

  • Alugar unha vivenda. Cando as persoas que solicitan asilo terminan a súa estancia nos centros de acollida, necesitan atopar unha vivenda onde levar unha vida autónoma. En Cruz Vermella apoiámolas na súa busca. Ti tamén podes axudalas!

  • Axudalos a superar o trauma dunha persecución. Fuxiron da violencia e teñen unha gran tensión emocional. Non fai falta que sexas psicólogo (aínda que tamén os temos en Cruz Vermella), o feito de facerlles compañía pode ser moi beneficioso para que se vaian atopando mellor.

  • Facerlles sentir máis arraigados. Aínda que falen o noso idioma, atópanse nunha sociedade moi diferente: cambian os horarios, costumes, comida... E necesitan ao seu lado a alguén coma ti, que lles fale sobre España e a súa rexión, lles dea unha volta pola cidade ou, se é o caso, lles dea a coñecer as asociacións LGTBI locais. Porque toda rede de apoio é necesaria.

  • Orientalos en temas laborais. En canto é posible, as persoas acollidas queren ser autónomas. Pasada unha primeira fase onde se atenden as súas necesidades básicas, inician a busca de traballo. E aí podes entrar ti: e se lles dis onde enviar o seu currículo ou como validar os seus estudos? Ou quizá coñezas a alguén que ofrece algún posto de traballo.

Nasha

En Cruz Vermella atendemos a mulleres procedentes de África, que viviron situacións como a persecución étnica. Emprenden unha longa viaxe ata o noso país, incluso estando embarazadas como Nasha.

COÑECE AS SÚAS NECESIDADES EN ESPAÑA

QUE PODES FACER POR ELA?

Nasha pode necesitar axuda ou apoio en ámbitos coma estes:

  • Idioma
  • Integración no contorno
  • Traballo
  • Apoio Psicolóxico
  • Aloxamento

Nasha pode necesitar axuda ou apoio en ámbitos coma estes:

  • Idioma
  • Integración no contorno
  • Traballo
  • Apoio Psicolóxico
  • Aloxamento

Podes facer máis do que cres polas persoas que solicitan protección en España.

Pasa á acción e, xunto a Cruz Vermella, marcarás a diferenza. Porque agora que están aquí, persoas como Nasha necesítante máis cerca.

Por exemplo, poderías:

  • Ensinarlle o noso idioma. Porque non coñecer o idioma, dificulta tarefas como moverse pola cidade, ir ao centro de saúde (que agora é tan importante para Nasha) ou buscar traballo. Poderías darlle clases ou conversar con ela para que vaia progresando.

    E se sabes o seu idioma, podes acompañala como intérprete cando realice as súas xestións ou traducir os documentos que non entenda.

  • Axudala a superar os seus traumas. Viviu unha persecución étnica, na que perdeu membros da súa familia e se viu en perigo directo (agresións, violacións, mutilacións…).

    Os psicólogos e psicólogas de Cruz Vermella poden axudala. E ti podes colaborar pasando polo centro de acollida para facerlle compañía. Serviralle para desconectar un pouco, sentirse máis tranquila… e sorrir.

  • Ensinarlle a manexarse aquí. Chegou soa, a piques de ter un bebé, sen coñecer o noso idioma e costumes. Ti poderías, por exemplo, mostrarlle parques próximos onde pasear o seu fillo, ensinarlle receitas típicas da cociña española ou axudarlle a atopar aquí produtos do seu país. É importante ter unha rede de apoio no seu novo contorno.

  • Alugar unha vivenda. Cando as persoas que solicitan asilo terminan a súa estancia nos centros de acollida, necesitan atopar unha vivenda onde levar unha vida autónoma. En Cruz Vermella Española apoiámolas na súa busca. Ti tamén podes axudalas!

  • Apoiala en cuestións laborais. Cando naza o seu bebé, Nasha terá que centrarse ao máximo en buscar emprego. E ti podes contribuír a que teña máis oportunidades de atopalo. Quizá poidas contratala ou coñezas a alguén que lle ofreza un posto de traballo. E sempre podes facer algo tan sinxelo como adaptar e mover o seu currículo.

Familia Khalil

Moitas persoas usuarias de Cruz Vermella foxen de situacións de conflito onde a súa integridade física corre gran perigo. É o caso de familias sirias, como a familia Khalil, que chegou aquí debido á guerra que arrasa o seu país.

COÑECE AS SÚAS NECESIDADES EN ESPAÑA

¿Qué puedes hacer por ellos?

A familia Khalil pode necesitar axuda ou apoio en ámbitos coma estes:

  • APOIO PSICOLÓXICO
  • ALOXAMENTO
  • INTEGRACIÓN NO CONTORNO
  • ORIENTACIÓN LABORAL

A familia Khalil pode necesitar axuda ou apoio en ámbitos coma estes:

  • APOIO PSICOLÓXICO
  • ALOXAMENTO
  • INTEGRACIÓN NO CONTORNO
  • ORIENTACIÓN LABORAL

Podes facer máis do que cres por esta familia que solicita acollida en España.

Pasa á acción e, xunto a Cruz Vermella, marcarás a diferenza. Porque agora que están aquí, familias como a súa necesítante máis cerca.

Por exemplo, poderías:

  • Axudar a toda a familia, para que poidan superar o dó dunha guerra. Ademais da atención prestada polos psicólogos e psicólogas de Cruz Vermella, necesitan compañía e entretemento para desconectar, en especial os nenos e nenas. Dás algunha festa á que poidas convidalos? Participas nalgún taller infantil ou podes levalos a algún cos teus fillos? Impartes clases de debuxo, deporte etc.?

  • Apoiar a familia na súa etapa de acollida. Están nun lugar moi distinto en canto ao idioma, relixión e costumes. Poderías ensinarlles cousas sobre o noso país ou a túa rexión.Ou quizá teñas unha tarde libre para darlles unha volta polo barrio e que saiban onde está a biblioteca ou o centro de saúde. Outro labor útil é acompañalos a matricular os nenos e nenas no colexio ou falar cos seus titores ou titoras. Podes ser unha peza clave na rede de apoio que necesitan en España.

  • Alugar unha vivenda. Cando as persoas que solicitan asilo terminan a súa estancia nos centros de acollida, necesitan atopar unha vivenda onde levar unha vida autónoma. En Cruz Vermella apoiámolas na súa busca. Ti tamén podes axudalas!

  • Orientalos en cuestións laborais. Non é fácil empezar a buscar traballo cando non tes contactos nin coñeces como funciona todo aquí. Talvez poidas aclarar as súas dúbidas, mover os seus currículos entre os teus contactos ou presentarlles a alguén que ofreza un posto de traballo. Hai algo que estea na túa man?

Alexey

En Cruz Vermella atendemos a persoas provenientes de países en conflito. Unha delas é Alexey: un mozo ucraíno que fuxiu do seu país para non ser recrutado forzosamente no exército.

COÑECE AS SÚAS NECESIDADES EN ESPAÑA

QUE PODES FACER POR EL?

Alexey pode necesitar axuda ou apoio en ámbitos coma estes:

  • MANEXARSE
    NO CONTORNO
  • ORIENTACIÓN
    Laboral
  • Aprender
    O IDIOMA
  • ALOXAMENTO

Alexey pode necesitar axuda ou apoio en ámbitos coma estes:

  • MANEXARSE
    NO CONTORNO
  • ORIENTACIÓN
    Laboral
  • Aprender
    O IDIOMA
  • ALOXAMENTO

Podes facer máis do que cres polas persoas que solicitan protección en España.

Pasa á acción e, xunto a Cruz Vermella, marcarás a diferenza. Porque agora que están aquí, persoas como Alexey necesítante máis cerca.

Por exemplo, poderías:

  • Simplemente, facerlle compañía. Veu só, e deixou atrás os seus familiares, amizades e parella. E é importante que conte cunha rede de apoio de persoas que lle ensinen a manexarse no noso país.

  • Axudalo co idioma. Non sabe o noso idioma e vese perdido na vida diaria. Podes conversar con el para que o vaia aprendendo, acompañalo nas súas xestións ou, se coñeces a súa lingua, servirlle de intérprete ou traducirlle documentos.

  • Orientalo sobre temas laborais. Nun momento dado, alguén como Alexey desexa ser autosuficiente. Pero ao atoparse nun contorno laboral tan distinto, empezar é máis complicado. Poderías explicarlle onde buscar traballo, como adaptar o seu currículo… Ou quizá coñezas a alguén que ofrece algún posto de traballo.

  • Alugar unha vivenda. Cando as persoas que solicitan asilo terminan a súa estancia nos centros de acollida, necesitan atopar unha vivenda onde levar unha vida autónoma. En Cruz Vermella apoiámolas na súa busca. Ti tamén podes axudalas!